R.C. Deportivo de La Coruña S.A.D.
 
 
 
 GL | ES   

Xa podes ser Socio Amigo do Real Club Deportivo sen moverte da casa.

A modalidade de Socio Amigo creouse sobre todo para persoas que viven fóra da Coruña ou que por un motivo ou outro non poden estar cada domingo no Estadio ABANCA-RIAZOR. Tamén, por que non, como un agasallo para ese amigo que sente as cores branquiazuis.

Se non podes asistir a todos os encontros no ABANCA-RIAZOR pero queres pertencer ao Deportivo, ser un máis dos seus miles de socios, este é o teu carné. Cun prezo de 50€, o Socio Amigo ten número de abonado e consérvaselle a antigüidade para, no caso de facerse socio con localidade, manter a numeración.

Este carné dá dereito a asistir a un único partido de LaLiga Santander ou Copa do Rei (agás partidos do Real Madrid, Barcelona e Celta, cuartos de final e semifinais da Copa do Rei), da Temporada 2017-2018 nas bancadas que dispoña o Club. A entrada para o partido elixido deberá retirarse na primeira semana na que se poñan á venda. Este carné deberá presentarse xunto coa entrada do partido seleccionado.

Unha vez tramitada a alta, o carné deberá recollerse na DéporTienda (Estadio ABANCA-RIAZOR. R/ Manuel Murguía s/n. Horario: de 10:00 a 20:30 horas de luns a sábado). Para recoller o carné de socio amigo deberá acreditarse a identidade do titular mediante DNI ou copia deste se é outra persoa a que o retira. No momento de retirar o carné, e só nese día, dispoñerá do 5% de desconto acumulable ao 5% de socio en produtos da DéporTienda. Por tanto, poderá gozar dun máximo do 15% de desconto no caso de ser accionista nas compras efectuadas ese mesmo día.

Tamén pode recibirse mediante servizo de mensaxería con entrega a domicilio 72 horas despois da xestión, a portes debidos. Para o término municipal, o Dépor, fiel o seu compromiso coa sostenibilidade, colabora coa empresa de envíos sen emisión contaminantes Van en Bikke, xerando cero emisión de CO2 no envío do seu carné a domicilio. Para iso é imprescindible remitir un correo electrónico a envio.abonos@rcdeportivo.es indicando nome, apelidos, dirección de envío, código postal, poboación e teléfono de contacto.

Prezo do envío:

  • Envío Municipal,  excepto Zapateira, Novo Mesoiro e Palavea: 3,50€ IVE incluido.
  • Envío Provincial: 3,42€ IVE incluido
  • Envío Rexional: 4,39€ IVE Incluido
  • Envío Peninsular: 4,75€ IVE incluido
  • Envío Canarias: 10,50€ IVE incluido
  • Envío Baleares: 11,29€ IVE incluido


 

 

  R.C. Deportivo de La Coruña S.A.D. R.C. Deportivo de La Coruña S.A.D.

De acordo coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo de que os seus datos se integrarán nun fichiero propiedade do Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D. O Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D. reserva o dereito a utilizar os seus datos persoais para lle enviar noticias relacionadas co Club, ofertas, etc., xa sexa directamente ou a través de terceiras empresas, sempre e cando non teña indicado explícitamente que non desexa recibir información do Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D.