R.C. Deportivo de La Coruña S.A.D.
 
 
 
 GL | ES   

Xa podes ser Nen@ Dépor do Real Club Deportivo.

A modalidade de Nen@ Dépor creouse para os nacidos recentemente, co obxectivo de que todos os Nen@s sintan as cores branquiazuis desde o seu nacemento, como leva escrito no seu ADN DEPORTIVISTA.

Cun prezo de 50 €, o Nen@Dépor ten número de socio e consérvaselle a antigüidade para que, cando creza e se faga socio con localidade, non perda a súa antigüidade. Ademais, como novidade, este carné dá dereito a asistir a todos o partido de LaLiga 1|2|3 ou a Copa do Rey (excepto cuartos de final ou semifinais da Copa do Rey), da Temporada 2018-2019 nas bancadas que dispoña o Club, sendo necesario retirar a invitación o mesmo día de partido con presenza do Nen@Dépor. Este carné deberá presentarse xunto coa entrada do partido.

E para todos aqueles que queiran facer un agasallo especial: "Welcome Pack Nen@ Dépor"

O "Welcome Pack Nen@ Dépor", cun prezo de 75 €, ademáis do carné inclúe Minibufanda nen@, Patucos Forza Dépor, Set cepillo e peite, termométro e osiño.

Unha vez tramitada a alta, o carné deberá recollerse na DéporTienda (Estadio ABANCA-RIAZOR. R/ Manuel Murguía s/n. Horario: de 10:00 a 20:30 horas de luns a sábado) 72 horas despois da xestión ata o inicio de LaLiga. Para recoller o carné de socio amigo deberá acreditarse a identidade do titular mediante DNI ou copia deste se é outra persoa a que o retira. No momento de retirar o carné, e só nese día, dispoñerá do 5% de desconto acumulable ao 5% de socio en produtos da DéporTienda. Por tanto, poderá gozar dun máximo do 15% de desconto no caso de ser accionista nas compras efectuadas ese mesmo día.

Tamén pode recibirse mediante carta certificada con entrega a domicilio 72 horas despois da xestión, contra reembolso. Para iso, é imprescindible remitir un correo electrónico a envio.abonos@rcdeportivo.es indicando nome, apelidos, dirección de envío, código postal, poboación e teléfono de contacto.

Prezo do envío: 8,63 € IVE incluido (toda España incluido Islas Baleares).


 

 

  R.C. Deportivo de La Coruña S.A.D. R.C. Deportivo de La Coruña S.A.D.

En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos, informámoslle de que os seus datos persoais foron incorporados a unha base de datos cuxo responsable é o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D.

Os datos persoais que foron facilitados por vostede solicitáronse en atención ao interese lexítimo do responsable do tratamento na súa necesidade de executar dunha maneira máis eficaz dos servizos que lle corresponden á súa condición de abonado do Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D.

En todo caso, o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. unicamente conservará os seus datos mentres se manteña a relación contractual, mentres non se solicite a súa supresión polo interesado e, en calquera caso, o mantemento dos prazos legalmente establecidos.

Así mesmo, de conformidade coa normativa vixente, informámoslle de que conta coa posibilidade de solicitarlle ao responsable do tratamento o acceso, rectificación, ou supresión dos seus datos persoais, así como a limitación e oposición ao seu tratamento, e a portabilidad dos datos; por correo electrónico á seguinte dirección: legal@rcdeportivo.es ou ben por correo postal á seguinte dirección:

REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA, S.A.D.
Praza de Pontevedra, Nº 19, 1º, 15003, A Coruña

O Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. para facilitarlle o exercicio destes dereitos pon á súa disposición, nas súas oficinas de atención ao socio e na páxina rcdeportivo.es, as instancias correspondentes que deberán enviar cubertas xunto cunha fotocopia do DNI que acredite a súa identidade.

Por último, comunicámoslle que tamén conta coa posibilidade de presentar unha reclamación ante a autoridade de control estatal (a Axencia Española de Protección de Datos) no caso de que entenda que se vulneraron os seus dereitos en virtude dos disposto na lexislación vixente.